viernes, 9 de mayo de 2014

TÂCHE 5 COURSE D´ORIENTATION



RÉFLEXIONS


Comment t´es-tu organisé (e) pour réaliser cette tâche?


Para organizarme nesta tarefa seguín as instruccións. Primeiro formei un evento no grupo de facebook, pero logo unha compañeira da clase convidoume a formar parte do seu grupo, así que aceptei a invitación e borrei o meu evento xa que aínda non tiña ningún compañeiro. Despois de facer o percorrido, comezamos a buscar información sobre os lugares que fotografiamos e repartímolos para facer os audios, despois de ter toda a información recollida comezamos co prezi e ordeamos toda a información, cos audios e mailas fotos. E coma sempre, para facer correctamente o meu audio, utilicei a páxina web;

http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?


As dificultades nesta tarefa foron moi parecidas as das demáis, coma sempre o audio e as traduccións, pero coa axuda das compañeiras e as correccións da clase conseguimos facer un bo traballo.

Qu´est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu´est-ce que tu as appris d´autre?


Con esta tarefa, aprendín moito máis vocabulario e vou mellorando a miña pronunciación, así como a manexar cada vez mellor o prezi, unha ferramenta moi útil para a presentación de traballos.

Quel est ton avis général sur la tâche?


Igual que nas anteriores tarefas en grupo, esta foi unha actividade moi amena e divertida, a saída tamén nos reforzou como grupo, xa que, persoalmente nas outras tarefas, falábamos por facebook e nunca en persoa e neste caso o estar xuntas realizando as fotos e o percorrido, puidemos coñecernos mellor e falar da mellor maneira para realizar o traballo. Estou moi contenta do grupo que me tocou e de tódalas miñas compañeiras, axudámonos entre todas para realizar todo o traballo.  



viernes, 11 de abril de 2014

TÂCHE 4 UNE SUPER SOIRÉE À REIMS






RÉFLEXIONS


Comment t´es-tu organisé (e) pour réaliser cette tâche?


Para organizarme coma sempre seguín as instruccións marcadas para a tarefa. Primeiro formei o evento en facebook e logo comecei a buscar información sobre o lugar que escollera; aloxamentos, restaurantes, roupa...  A descripción fíxena segundo os apuntes da clase e axudándome das correccións que lle fixera o mestre a outros compañeiros e por último para facer o audio axudeime coma sempre fago das notas da clase e da paxina web.

http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?


As dificultades foron como nas anteriores tarefas; escribir correctamente as frases en francés e a correcta pronunciación do audio da miña compañeira. Nesta tarefa ademáis tamén me foi moi dificil facer grupo para a tarefa, nun primer momento pensei que eramos dous, pero un rapaz confundiuse de grupo e finalmente quedei soa de novo, polo que fixen un chamamento polo grupo pero ninguén respondeu, despois comentou no face unha rapaza que tamén estaba soa  e díxenlle que se podia unir a min e finalmente fixemos o traballo soas xa que ninguén máis se quiso unir, problabemente por que xa terían o seu propio grupo.

Qu´est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu´est-ce que tu as appris d´autre?


Con esta tarefa, igual que nas anteriores o meu vocabulario e a miña pronunciación van mellorando dun xeito dinámico e divertido. A parte cada vez teño mellor controlado o Prezi e podo facer mellores presentacions e añadirlle máis elementos.

Quel est ton avis général sur la tâche?


Igualmente que nas anteriores, paréceme unha actividade idónea para aprender, practicar ou mellorar a pronunciación e sobre todo a traballar en grupo compartindo opinións, discutindo ideas e poñéndonos dacordo.














viernes, 21 de marzo de 2014

TÂCHE 3 UN PETIT CHEZ SOI



RÉFLEXIONS


Comment t´es-tu organisé (e) pour réaliser cette tâche?


Para organizarme seguín as instruccións que marcaba a tarefa. Primeiro formamos o grupo para poder realizala, despois comezamos buscando apartamento, buscando mobles, facendo as descripcións e por último os audios. A descripción subina a facebook para que Patricia a puidera correxir. E para facer o audio axudeime das notas da clase e dunha paxina web.

http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?


As dificultades foron prácticamente as mesmas que na segunda tarefa; escribir correctamente as frases en francés e a correcta pronunciación do audio da miña compañeira. 

Qu´est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu´est-ce que tu as appris d´autre?


Con esta tarefa tanto o meu vocabulario como a miña pronunciación van mellorando e paréceme que é una forma dinámica e divertida de practicar e facelo cada vez mellor.

Quel est ton avis général sur la tâche?


En xeral  paréceme unha tarefa perfecta para poder practicar ou mellorar a nosa pronunciación e a traballar en grupo compartindo opinións, discutindo ideas e poñéndonos dacordo.













jueves, 20 de febrero de 2014

TÂCHE 2 LE PORTRAIT D´UN INCONNU



RÉFLEXIONS


Comment t´es-tu organisé (e) pour réaliser cette tâche?


Para organizarme seguín as instruccións da tarefa. Primeiro elexín a unha amiga para describir, despois pensei o que quería dicir dela e escibino en Francés, despois o profesor correxiumo e procedín a pasarllo a miña compañeira. Ela mandoume o seu texto e procedín a facer o debuxo e o audio coa axuda dun enlace que nos pasou o mestre. 

http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?


As dificultades que atopei foron escribir correctamente as frases en francés e sobre todo a pronunciación do audio xa que del dependía a nota da miña compañeira e repetinno varias veces para que me saira o mellor posible.

Qu´est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu´est-ce que tu as appris d´autre?


Gracias a esta tarefa a miña pronunciación mellorou nalgunhas palabras e tamén aprendín como con cada tarefa novo vocabulario.

Quel est ton avis général sur la tâche?


En xeral esta tarefa paréceme bastabe útil para practicar a nosa pronunciación e a traballar con outro compañeiro.












viernes, 31 de enero de 2014

TÂCHE 1 COU-COU C´EST MOI!


RÉFLEXIONS

Comment t´es-tu organisé (e) pour réaliser cette tâche?


Para organizarme con esta tarefa seguín as instruccións marcadas e fun seleccionando pouco a pouco a información que quería compartir, máis as fotos correspondentes. Primeiro fixen o glogster e despois entrei no blog para subilo.

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?


As dificultades que atopei con esta tarefa foron escribir correctamente as frases en francés xa que e case o meu primeiro contacto co idioma.

Qu´est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu´est-ce que tu as appris d´autre?


Gracias a esta tarefa aprendín bastante vocabulario en francés descoñecido para mín ou no que tiña dúbidas e tamén aprendín a traballar co Glogster xa que nunca o fixera.

Quel est ton avis général sur la tâche?


En xeral esta tarefa paréceme bastabe útil para o noso aprendizaxe xa que unha boa presentación é o primeiro paso que debemos ter claro para comunicarnos nun idioma e poder relacionarnos.