viernes, 9 de mayo de 2014

TÂCHE 5 COURSE D´ORIENTATION



RÉFLEXIONS


Comment t´es-tu organisé (e) pour réaliser cette tâche?


Para organizarme nesta tarefa seguín as instruccións. Primeiro formei un evento no grupo de facebook, pero logo unha compañeira da clase convidoume a formar parte do seu grupo, así que aceptei a invitación e borrei o meu evento xa que aínda non tiña ningún compañeiro. Despois de facer o percorrido, comezamos a buscar información sobre os lugares que fotografiamos e repartímolos para facer os audios, despois de ter toda a información recollida comezamos co prezi e ordeamos toda a información, cos audios e mailas fotos. E coma sempre, para facer correctamente o meu audio, utilicei a páxina web;

http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?


As dificultades nesta tarefa foron moi parecidas as das demáis, coma sempre o audio e as traduccións, pero coa axuda das compañeiras e as correccións da clase conseguimos facer un bo traballo.

Qu´est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu´est-ce que tu as appris d´autre?


Con esta tarefa, aprendín moito máis vocabulario e vou mellorando a miña pronunciación, así como a manexar cada vez mellor o prezi, unha ferramenta moi útil para a presentación de traballos.

Quel est ton avis général sur la tâche?


Igual que nas anteriores tarefas en grupo, esta foi unha actividade moi amena e divertida, a saída tamén nos reforzou como grupo, xa que, persoalmente nas outras tarefas, falábamos por facebook e nunca en persoa e neste caso o estar xuntas realizando as fotos e o percorrido, puidemos coñecernos mellor e falar da mellor maneira para realizar o traballo. Estou moi contenta do grupo que me tocou e de tódalas miñas compañeiras, axudámonos entre todas para realizar todo o traballo.  



No hay comentarios:

Publicar un comentario