Son unha rapaza estudante de educación infantil da universidade de Vigo. Este é o meu "case primeiro" contacto co idioma francés, xa que o primerio foi no anterior cuadrimestre. O francés é un idioma que sempre me gustou, pero nunca me decidira a estudalo, ata que tiven nesta facultade a oportunidade de elexilo e a verdade é que me atopo moi cómoda e aprendendo cada día máis, paréceme un idioma relativamente fácil, polo menos para mín, máis co Inglés, que foi o idioma que estudei o longo da miña vida académica.
Para crear as entradas no meu blog utilizo o galego, xa que non é a miña primeira lingua e deste modo podo practicala, normalmente falo en castelán, tanto na casa como na escola, por iso cando teño a oportinidade, intento falar e facer os traballos en galego.
Au revoir
No hay comentarios:
Publicar un comentario