RÉFLEXIONS
Comment t´es-tu organisé (e) pour réaliser cette tâche?
Para organizarme coma sempre seguín as instruccións marcadas para a tarefa. Primeiro formei o evento en facebook e logo comecei a buscar información sobre o lugar que escollera; aloxamentos, restaurantes, roupa... A descripción fíxena segundo os apuntes da clase e axudándome das correccións que lle fixera o mestre a outros compañeiros e por último para facer o audio axudeime coma sempre fago das notas da clase e da paxina web.
http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php
http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php
As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
As dificultades foron como nas anteriores tarefas; escribir correctamente as frases en francés e a correcta pronunciación do audio da miña compañeira. Nesta tarefa ademáis tamén me foi moi dificil facer grupo para a tarefa, nun primer momento pensei que eramos dous, pero un rapaz confundiuse de grupo e finalmente quedei soa de novo, polo que fixen un chamamento polo grupo pero ninguén respondeu, despois comentou no face unha rapaza que tamén estaba soa e díxenlle que se podia unir a min e finalmente fixemos o traballo soas xa que ninguén máis se quiso unir, problabemente por que xa terían o seu propio grupo.
Qu´est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu´est-ce que tu as appris d´autre?
Con esta tarefa, igual que nas anteriores o meu vocabulario e a miña pronunciación van mellorando dun xeito dinámico e divertido. A parte cada vez teño mellor controlado o Prezi e podo facer mellores presentacions e añadirlle máis elementos.
Quel est ton avis général sur la tâche?
Igualmente que nas anteriores, paréceme unha actividade idónea para aprender, practicar ou mellorar a pronunciación e sobre todo a traballar en grupo compartindo opinións, discutindo ideas e poñéndonos dacordo.